Δεν σας αρέσει; Δεν πειράζει! Μπορείτε αν θέλετε να κάνετε επιστροφή εντός 30 ημερών.
Δεν θα κάνετε ποτέ λάθος με μια δωροεπιταγή. Χαρίστε στους αγαπημένους σας την επιλογή να διαλέξουν οι ίδιοι οτιδήποτε από τη συλλογή μας.
30 ημέρες για την επιστροφή των προϊόντων
Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez,unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunhaentrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e quesupuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presentede Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto quese converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volumeque inclúe, ao seu remate, o texto "Autopsia. (Epílogo á inglesa)",preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The OhioState University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobretoda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia deTic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo."Tic-Tac" é unh "grande puzle", como o define X. González Gómez,formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando envez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ousupostos anacos de revistas, manuais (?) "Tic-Tac" é unha corrosivaobra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama oretorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unhaconciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non buscapresentarnos a "Realidade", senón unha "realidade": a de Nano, opeculiar personaxe principal e narrador da obra.